O noso proxecto (Programa XOGADE-PDC) atópase integrado
dentro do Plan Proxecta, o cal é
unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación
Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a
través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe
do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en
valores.
Concretamente, o Programa Xogade,
trátase dun plan que está fomentado e dirixido polo Secretaría Xeral para o de
Deporte, e que busca busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade
educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas
externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do
alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos
deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan
servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en
que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.
Tal e coma marca a vixente Lei
Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, e na súa disposición adicional cuarta sobre
a “Promoción da actividade física e a dieta equilibrada” e do mesmo xeito que
se atopa publicado no DOG nº 171 do martes 9 de setembro de 2014 no seu Artigo
20., os mestres da especialidade de Educación Física deste centro educativo,
tratamos de seguir outro curso máis, na medida das posibilidades, adiante con
esta iniciativa do Programa XOGADE, e cos obxectivos marcados a inicios de cada
curso dentro da programación tanto da nosa área de Educación Física coma neste
programa.
Do mesmo xeito, sempre se
intentaron seguir e construír modelos de mellora mediante proxectos
interdisciplinares integrados na programación xeral anual e nas programacións
do profesorado participante que teñan un alto potencial de transferibilidade
tanto no propio centro coma na comunidade educativa.
O noso centro e o noso proxecto
atópanse integrados dentro da Asociación
Deportiva Escolar do Condado e Paradanta, constituída por todos os centros educativos
participantes na comarca e que é a que
organiza, coordina e participa en diversos encontros deportivos nos que @s
nen@s dos diferentes colexios atópanse, intercambian experiencias e conviven
nun entorno físico-saudable.
Os mestres e mestras que formamos
parte desta agrupación temos coma finalidade que a actividade física chegue a
ser un hábito na nosa comunidade educativa fomentando a súa práctica desde a
infancia nos ámbitos educativo e familiar, fundamental para o futuro estilo de
vida e a consolidación de hábitos físico-deportivos saudables.
PROFESORADO
PARTICIPANTE E RESPONSABLE DO NOSO CENTRO:
JOSÉ LUÍS SOTO RODRÍGUEZ (COORDINADOR. MESTRE DE E.F.)
PATRICIA GONZÁLEZ FREITAS (MESTRA DE E.F.)
GERVASIO GARCÍA RAMÓN (MESTRES P.T.)

No hay comentarios:
Publicar un comentario