ACTIVIDADES NO CENTRO




. XORNADAS DE “COÑECE O MEU CLUB”.
Organizado e coordinado polo Departamento de Educación Física, dirixido a todo o alumnado de E.Primaria, consistiu no desenvolvemento de varias xornadas, en cada un dos trimestres, do programa “Coñece o meu Club”, fomentando deste xeito a implicación, iniciación e o coñecemento de distintas disciplinas deportivas mediante as visitas de distintos clubs da comarca, como foron o Club Bádminton Ponteareas; o Club Baloncesto Condado; O Club de Tenis Ponteareas; o Hóckey Club Ponteareas; etc.


. TALLER DE XADREZ E XOGOS DE MESA.
Organizado e coordinado polo Departamento de Educación Física durante todo o curso, dirixido a todo o alumnado de E. Primaria.


. TALLER DE BILLAR.
Organizado e coordinado polo Equipo Directivo durante todo o curso, dirixido a todo o alumnado de E.Primaria.


. RECREOS ACTIVOS.
Organizado e coordinado polo Equipo Directivo e o Departamento de Educación Física durante todo o curso, e a implicación de todo o profesorado nas súas respectivas quendas de garda de recreo. Dirixido a todo o alumnado do centro, e organizado mediante un sistema de rotación por cursos das distintas pista polideportivas e recantos que se atopan dentro do recinto escolar, organizáronse os recreos activos, 
participativos e rotativos en actividades coma baloncesto, fútbol, brilé, xogos populares, xogos alternativos, “biblioteca ao aire libre”, “Espazo da música e de actividades artístico-expresivas”; paseos, etc.


. HÁBITOS ALIMENTICIOS SAUDABLES. (SEMANA DA FROITA).
Organizado e dirixido pola Comisión de Convivencia, Departamento de Educación Física e as Titorías de E. Infantil e Primaria do centro, fomentouse unha semana por mes ao longo do curso, e de balde para o alumnado, o consumo de froita durante os recreos, así coma co mesmo obxectivo se intentou organizar, fomentar e potenciar o consumo dun menú saudable nos recreos diarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario